Godoy Maceira, S.L., empresa matriz do grupo, constituíuse como sociedade no ano 1.989, aínda que xa no ano 1979, Eduardo Godoy González comezou esta actividade coa elaboración de perpiaño, columnas e pastas de granito en canteira.

 

Unha vez constituída a sociedade se ampla a actividade coa elaboración de lastra e, catro anos máis tarde, constrúese unha nave para a instalación dunha máquina de disco cortadora de granito, así como outra para a elaboración da lastra.

 

Co transcurso dos anos, co fin de aumentar a produción e as vendas, fóronse ampliando as instalacións e fíxose un importante investimento en maquinaria, o que levou tamén a un aumento considerable do equipo de persoal.

 

Actualmente, contamos con maquinaría de última xeración para la elaboración de pezas únicas e traballamos cos mellores profesionais do sector con longa experiencia no deseño, elaboración e colocación de granito.

 

A innovación, a excelencia empresarial e o respecto polo Medio Ambiente son as claves do éxito de Godoy Maceira.

TECNOLOXÍA

 

Godoy Maceira conta cos últimos avances tecnolóxicos para traballar a pedra. Dispoñemos de departamento propio de Deseño

e Creación con profesionais con longa experiencia no sector.

 

Contamos con maquinaría de última tecnoloxía para traballar a pedra grazas ao cal podemos adaptarnos a calquera tipo de pedidos.

 

En Godoy Maceira estamos altamente especializados na fabricación de pezas de granito, con medidas e cortes de gran dificultade.

ORGANIZACION

 

O noso equipo confórmano profesionais cunha longa traxectoria no sector e todos eles son especialistas no seu campo. Contamos cun equipo altamente cualificado para traballar xunto ao cliente no proxecto que vai levar a cabo e ofrecerlle apoio e solucións aos problemas que se poidan ir presentando.

 

Os nosos traballos avalan a calidade do esforzo realizado polo noso equipo, e en nós encontrarán un servizo de confianza plena. A eficiencia, flexibilidade e rapidez son as máximas do noso equipo de profesionais.